GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL #2

24, 25 e 26 de outubro do 2019 en Vigo, na sala que cada ano montamos para vós, a Sala Videodrome.

CINEMA FFFREAK

Que vas ver no GFFF #2? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:

  • Terror e arrepío para que non durmas máis.
  • Frikismo do de verdade.
  • Humor ata que escache o diafragma.
  • Pezas que che van deixar o cu torcido.
  • A mellor animación.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Ao longo de tres días amosará unha insólita selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución.

MÁIS QUE CINEMA

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!

Así foi o ano pasado e este ano ides flipar máis aínda!

Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!