FILOSOFÍA GFFF

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Bola de Dragón (Dragon Ball) a pleno pulmón e pedía as películas do Vingador Tóxico no videoclube.

A través do cine de xénero, de fantasía, de ciencia ficción, terror, fantasía, gore e serie B, preténdese mostrar o lado máis rebelde, desacomplexado e divertido da novena arte e celebralo con tres días de festa nos que hai cabida para vampiros, robots, lobishomes, extraterrestres, todo tipo de bechos extravagantes e, por suposto, dinosetos.