galicianfreakyfestival – GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival de cine friki de Vigo | Serie B, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo https://galicianfreakyfestival.com Do 24 ao 26 de outubro do 2019 en Vigo - Festival de cine friki, serie b, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo Fri, 25 Oct 2019 15:42:03 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.3.2 https://galicianfreakyfestival.com/wp-content/uploads/2017/12/cropped-perfil-GFFF-FB-32x32.jpg galicianfreakyfestival – GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival de cine friki de Vigo | Serie B, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo https://galicianfreakyfestival.com 32 32 Segunda xornada do Galician Freaky Film Festival https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/segunda-xornada-do-galician-freaky-film-festival/ Fri, 25 Oct 2019 15:42:02 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=796 Tras unha primeira xornada chea de frikis entusiasmados, o segundo día do GFFF propón más de seis horas de festa pulp.

Ás 20:00, Alberto Hortas comentará a súa exposición e ás 22:00 fará unha demostración en directo da súa arte.

Despois dunha xornada inaugural do Galician Freaky Film Festival marcada pola gran asistencia de público, as grandes doses de cinema underground e o gran espectáculo que ofreceu Caspervek Ensamble musicalizando Nosferatu, unha sinfonía do horror, chega unha segunda xornada ben chea de contido freak para todos e todas.

A festa arrinca ás 17:30 no Espacio Mahou en Progreso 41 no encontro profesional “unha Mahou con CREA”, a Asociación de Realizadores e Directores de Galicia, onde Pablo Fontenla conducirá unha palestra chamada: Sobrevivindo sendo un Galician Freak: realidade ou ficción.

Tras isto, ás 19:00, chegará o momento de arrincar coas proxeccións no primeiro bloque de curtas: Serán de humor Freak Vol.1 no que se poderá gozar de catro pezas escacharrantes nas que destacan Le défi du rade… do francés François Zaïdi ou Maldición Fatal do galego Alberto Guisande.

Despois de matarse a rir, ás 20:00 virá a presentación da súa exposición por parte de Alberto Hortas. Para acto seguido dar paso ó segundo bloque de curtas da tarde: Que carallo é isto? Unha selección de pelis a medio camiño entre o absurdo e o inexplicable nas que destacan La persistente da francesa Camille Lugan ou Helsinki 79 de Pablo Fontenla.

Nada máis rematar o segundo bloque terá lugar un dos momentos máis esperados polos fans do GFFF. De novo será o momento de Hortas para facer unha demostración en directo mostrando como crea as criaturas máis terroríficas, as cicatrices máis realistas e as caracterizacións máis abraiantes.

O fin de festa na segunda xornada da #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, coma non podía ser doutro xeito, será co bloque: Noite de arrepío. Unha hora repleta de curtas dun dos xéneros máis queridos polos fans do festival: o terror. Filmes coma a francesa Midnight Talk de Raffael Oliveri, El ático do realizador dos Países Baixos Nico Van Der Brink ou a española A little tastede Victor Catalá poñerán punto final a unha tarde chea de puro fulgor friki.

PERO ISO NON É TODO

Ademais das tres horas de pelis underground, de serie b e do terror máis apaixonante que mesmo te fai rir ou chorar en cuestión de segundos, todos os que se acerquen ata a Sala Videodrome (Velázquez Moreno 44, no Mercado do Progreso) poderán desfrutar da exposición e da arte en directo de Josef Méndez, mestre sen igual do Art Horror vigués e coñecerán de primeira man a decoración alieníxena que rende homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro, aquela obra mestra na que Sigourney Weaver e mailo seu gato eran capaces de derrotar un becho furioso de mala baba.

A entrada para ter acceso a todo o programa do Venres 25 custa 5 euros, pero cabe a posibilidade de obter diferentes packs para varios días ou con regalos.

]]>
Homenaxe a Alien e un espírito máis friki ca nunca https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/homenaxe-a-alien-e-un-espirito-mais-friki-ca-nunca/ Wed, 23 Oct 2019 16:30:13 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=788 Este xoves arrinca a #2 Edition do festival de cine máis gamberro do panorama galego que contará en total con más de trinta curtametraxes, dúas actuacións en directo, exposicións e festa rachada.

Os grandes atractivos deste ano son a musicalización en directo de Nosferatu, unha sinfonía do horror por parte de Caspervek Ensamble (entradas xa á venda), as exposicións de Josef Méndez e Alberto Hortas e a homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro catro décadas despois da súa estrea.

23.10.2019 Este xoves 24 arrinca a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival ás 19:30 na Sala Videodrome, en Velázquez Moreno 44, nun dos laterais do mercado do Progreso. E como cada ano representa a cita ideal para todos os amantes do cine máis freak e que non soe ter cabida nos circuítos de festivais e nas salas máis convencionais.

Deste xeito, o GFFF, convértese un ano máis, nunha data imprescindible para os espectadores que desfrutan dos xéneros máis pulp e que se senten identificados con todo o que implicou a Xeración Xabarín.

O MÁIS ATRACTIVO DO PRIMEIRO DÍA

O punto de partida para esta edición do Galician Freaky Film Festival correrá a cargo de Caspervek Ensamble (entradas) que musicalizará en directo un dos clásicos imprescindibles do cinema de terror en xeral e do expresionismo alemán e as pelis de chupasangues en particular: Nosferatu, unha sinfonía do horror, a peza mestra do director F.W. Murnau e que está envolta en tanto misterio que a día de hoxe ninguén sabe onde se atopa o cranio do cineasta.

“Está composta tendo sempre en conta o aspecto performativo” –comenta, Brais González de Capservek Ensamble– “os dous percusionistas e as dúas violinistas estarán enfrontados xerando unha especie de Caspervek bífido”. A inspiración para a peza ven directamente da música do expresionismo alemán e con matices do dodecafonismo e tamén das melodías e instrumentación do cine de terror.

Trala musicalización comezará a proxección cos dous primeiros bloques de curtas.

O primeriro é Co cu torcido quedo, unha selección de seis curtas nas que se inclúen Lay Them Straight do canadiense Robert DeLeskie ou Lo siento mi amor do coñecido e recoñecido Eduardo Casanova no que é o seu primeiro traballo despois da longametraxe Pieles.

Tras isto chegará o momento do último bloque da primeira xornada: Animación freak, unha selección de curtas animadas con pezas de moitísima calidade e con moita representación internacional con pelis de México,Israel, España, Francia ou Bélxica nas que destacan La nuit des sacs plastiques de Gabriel Harel ou Cómo y por qué se ha esfumado Don José do israelita Moshe Ben Avraham.

NOSTROMO, HORROR ART E BECHOS RAROS

Outro dos grandes atractivos do primeiro día do festival é descubrir a ambientación alieníxena que ten preparada o equipo do Galician Freaky Film Festival coma homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro. A Videodrome estará chea de ovos de xenomorfo e de varias sorpresas para todos os fans da saga iniciada por Ridley Scott no 1979.

Ademais, todos os visitantes poderán desfrutar das dúas grandes exposicións deste ano no GFFF.

A primeira será a de Alberto Hortas, o máis grande representante galego no mundo da caracterización e os efectos especiais en cine e televisión e que ten traballado en pelis coma O espinazo do diaño, O laberinto do fauno ou en programas clásicos do frikismo universal coma Muchachada Nui.

A segunda, que ademais repite da edición anterior, será a expo de Josef Méndez o máximo expoñente vigués do Art Horror e que terá en exposición e venta cantidade do seu material tan característico no que representa os grandes clásicos do cine de xénero de terror dos 80 e 90.

En definitiva, a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, representa a mellor oportunidade para gozar en modo friki, vendo unha selección potente e moi actual difícil de atopar noutros certames, tomando algo ou achegándose á pintura e ás esculturas máis terroríficas.

ENTRADAS

O custo da entrada para esta primeira xornada que inclúe a musicalización en directo, os dous bloques de curtas é o acceso ás dúas exposicións e de 7 euros e pódese adquirir no despacho de billetes, aínda que tamén existen diferentes packs que inclúen regalos ou bonos para as tres xornadas do festival.

]]>
Abonos e entradas á venda https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/abonos-e-entradas-a-venda/ Thu, 17 Oct 2019 07:00:37 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=746 Ábrese oficialmente a billeteira online do GFFF.

Con ela saen á venda os Abonos VIF (Very Important Freaks), con agasallos para os primeiros freaks que os merquen. Acceso a TODO a un prezo especial! e axudar a que este festival poida seguir existindo.

Pode adquirirse tamén o exclusivo Poster do GFFF Edición Especial Alien, de unidades limitadas.

Así mesmo está dispoñible o Pack VIF, a un prezo reducido, que leva: unha chapa, a bolsa oficial e o poster oficial.

Queres festa? Pois tamén saen as Entradas anticipadas para a entrega de premios que seguirá co concertazo de Los Pontiaks e a festa (rachada) de clausura.

Grazas por apoiarnos!

]]>
Presentación da #2 edition do GFFF https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/presentacion-da-2-edition-do-gfff/ Wed, 16 Oct 2019 14:41:08 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=731 O xoves 17 ás 12.30 h, na sala Videodrome, terá lugar a presentación oficial da nova edición do Galician Freaky Film Festival.

A organización dará a coñecer diversas novidades do Galician Freaky Film Festival que se celebrará do 24ao 26 de outubro na sala Videodrome.

Abella Producións, organizadora do Galician Freaky Film Festival, dará a coñecer este xoves 17 de outubro ás 12.30na sala Videodrome, ubicada no Mercado do Progreso (Rúa Velázquez Moreno, 44). Na presentación daranse a coñecer todas as novidades que traerá consigo a nova edición do festival máis friki e gamberro de Galicia.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

Trala edición 0 de 2017 e a primeira edición de 2018, o GFFF volve á cidade olívica do 24 ao 26 de outubro coa súa proposta de festival gamberro que honra ao friksimo cinematográfico en todos os seus formatos.

Ademais, nesta nova edición batéronse as cifras de películas recibidas os anos anteriores con preto de 200 cintas, chegando obras de lugares coma Chile, Ucraína, EUA, Senegal, México, Arxentina, Alemaña ou Brasil.

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Dragon Balla pleno pulmón e pedía as películas do Vengador Tóxico no videoclube.

A través do cine de xénero, de fantasía, de ciencia ficción, terror, fantasía, gore e serie B, preténdese mostrar o lado máis rebelde, desacomplexado e divertido da sétima arte e celebralo con tres días de festa nos que hai cabida para vampiros, robots, lobishomes, extraterrestres, todo tipo de bechos extravagantes e, por suposto, dinosetos.

]]>