2019 – GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival de cine friki de Vigo | Serie B, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo https://galicianfreakyfestival.com Do 24 ao 26 de outubro do 2019 en Vigo - Festival de cine friki, serie b, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo Tue, 01 Oct 2019 14:09:51 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.3.2 https://galicianfreakyfestival.com/wp-content/uploads/2017/12/cropped-perfil-GFFF-FB-32x32.jpg 2019 – GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival de cine friki de Vigo | Serie B, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo https://galicianfreakyfestival.com 32 32 Novidades do GFFF #2 Edition https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/novidades-do-gfff-2-edition/ Fri, 27 Sep 2019 10:00:59 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=606 Este ano cómprense 4 décadas da estrea mundial de Alien, o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto de Ridley Scott e protagonizada por Sigourney Weaver. Por iso o GFFF quere rendir homenaxe a tan destacada efeméride de tódolos xeitos posibles.

— A ambientación estará inspirada nos deseños incribles que fixera H. R. Giger para a película, pero teremos tamén expos, concertos, recordos para xente que xa pasou a mellor vida e varias sorpresas”.

Juan de Castro, director do Festival

Para crear unha atmosferaque recorde á mítica nave Nostromo, o GFFF conta coas habilidades de Ricardo Spencer, un dos maiores expertos en escenografía e efectos especiais do panorama audiovisual galego.

]]>
Antena 3 Galicia faise eco da presentación do cartel oficial do GFFF #2 https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/antena-3-galicia-na-presentacion-do-cartel-oficial-do-gfff-2/ Thu, 26 Sep 2019 12:42:05 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=597
]]>
Alien machaca ao Dinoseto no cartel da segunda edición do Galician Freaky Film Festival https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/alien-machaca-ao-dinoseto-no-cartel-da-segunda-edicion-do-galician-freaky-film-festival/ Thu, 26 Sep 2019 10:45:02 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=602 A cita terá lugar o 24, 25 e 26 de outubro coa Sala Videodrome como centro de operacións.

A selección de filmes terá ata 40 títulos chegados dende varias partes do mundo e centraransena ciencia ficción, o underground, o terror e a serie B.

Coma ven sendo habitual, os organizadores do Galician Freaky Film Festival presentaron esta mañá o cartel do evento ós pes do Dinoseto para obter a súa bendición. A segunda edición (tras unha edición 0 e máis a #1 Edition) busca manter os pilares sobre os que se cimenta o festival: gamberrismo, diversión e frikismo túzaro. A alma da Xeración Xabarín convertida en festa e culto cinematográfico ó gore, ó terror, á ciencia ficción, á fantasía e á serie B.

Unha mesturafeita a medida para un público que cada ano vai medrando e que sintoniza co espírito da cidade.

— Co macarra que é Vigo, co festeiro que é, comprobamos que o primeiro ano achegáronse 400 persoas e no último 1000, así que queremos seguir divertindo, berrando e ensinando todo ese cine máis undergroundque non ten cabida noutros certames.

Juan de Castro, director do Festival

Nesta ocasión, foron máis de 200 as cintas que se presentaron para formar parte da selección final do GFFF. Títulos chegados dende lugares moi dispares e que demostran a grande interese que segue a existir polo cine de xénero máis puro e sen filtro. Ademais, a organización destaca o recentes que son a maioría das películas recibidas, xa que case a metade de todas elas foron realizadas entre 2018 e 2019.

NOVIDADES DA #2 EDITION

Este ano cómprense 4 décadas da estrea mundial de Alien, o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto de Ridley Scott e protagonizada por Sigourney Weaver. Por isoo GFFF quere rendir homenaxe a tan destacada efeméride de tódolos xeitos posibles. “A ambientación estará inspirada nos deseños incribles que fixera H. R. Giger para a película” –sinalou De Castro –“pero teremos tamén expos, concertos, recordos para xente que xa pasou a mellor vida e varias sorpresas”.

Para crear unha atmosferaque recorde á mítica nave Nostromo, o GFFF conta coas habilidades de Ricardo Spencer, un dos maiores expertos en escenografía e efectos especiais do panorama audiovisual galego.

O CARTEL

O xenomorfo, ese ser terrible, con instinto asasino e un pouco baboso da peli, non podía faltar no cartel desta segunda edición do Galician Freaky Film Festival, obra de Paulo Mosca e María Llauger.

Coma se fose o instante final dunha película de Kaijus, –o subxénero xaponés centrado en monstros xigantes coma Godzilla, Gamera ou mesmo King Kong–, o Dinoseto é atravesado de xeito fatal pola punzante cola do alien nunha loita a morte na Porta do Sol de Vigo.

Así, Mosca, continúa a serie de carteisdas anteriores edicións nos que sempre faise referencia ós xéneros máis pulpe undergorund en consonancia perfecta co espírito do Festival.

En definitiva, a segunda edición do Galician Freaky Film Festival chega cargada coma sempre de diversión, de ganas de montar barullo e pasalo ben desfrutando da parte máis gamberra da sétima arte.

]]>
O Aniversario de Alien https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/o-aniversario-de-alien/ Wed, 25 Sep 2019 18:37:46 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=560 No espazo ninguén pode escoitar os teus berros

Deste xeito se promocionaba en 1979 Alien, o oitavo pasaxeiro, a mítica película de Ridley Scott protagonizada por Sigourney Weaver e un Xenomorfo terrible de mala baba.

Aproveitando a efeméride das catro décadas da súa estrea, o GFFF quere facerlle unhahomenaxe moi especial no que haberá actividades relacionadas co filme,moita presenza no cartel do certame deseñado por Paulo Mosca e algunha que outra sorpresa que fará as delicias dos fanáticos alieníxenas.

Trala pasada edición, na que a Sala Videodrome ateigouse de público para gozar do éxtase freak, o GFFF busca consolidarse coma unha cita cultural divertida e diferente en Galicia.

]]>
TeleVigo faise eco do GFFF #2 https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/televigo-faise-eco-do-gfff-2/ Wed, 18 Sep 2019 17:37:49 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=593
]]>
O Galician Freaky Film Festival bate record de filmes https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/o-galician-freaky-film-festival-bate-record-de-filmes/ Tue, 17 Sep 2019 18:21:38 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=553 O Galician Freaky Film Festival bate as súas marcas e recibe preto de 200 propostas coas que encherá Vigo de terror, ciencia ficción e serie B.

Por terceiro ano consecutivo o GFFF achega do 24 ao 26 de outubro á cidade a súa festa pulp con cabida para monstros, bechos, gore e toneladas de diversión freak.

Nesta edición o GFFF fará unha homenaxe ao filme Alien, o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott que cumpre 40 anos da súa estrea.

Trala edición #0 de 2017 e a primeira edición de 2018, o GFFF volve á cidade olívica do 24 ao 26 de outubro coa súa proposta de festival gamberro que honra aofriksimo cinematográfico en todos os seus formatos.

Ademais, desta vagada, a organización móstrase entusiasmada porque batéronse as cifras de películas recibidas os anos anteriores con preto de 200 cintas. A procedencia das obras, chegadas dende lugares tan diversos coma Chile, Ucraína, EE.UU, Senegal, México, Arxentina, Alemañaou Brasil, demostra que os xéneros clásicos máis pulp: a fantasía, a ciencia ficción, o terror, o gore e toda a serie B en xeral, seguen a ser un éxito por todo o mundo.

A organización do GFFF destaca non só o gran número de filmes achegados durante o período de selección, senón tamén o recentes que son a gran maioría deles, xa que máis dun 30 por cento son do 2019 e outro 20 por cento do 2018.

As datas escollidas para a nova edición do GFFF son os vindeiros 24, 25 e 26 de outubro e a Sala Videodrome repetirá coma sede e centro de operacións.

]]>
FILOSOFÍA GFFF https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/filosofia-gfff/ Thu, 12 Sep 2019 18:33:36 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=556 O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Bola de Dragón (Dragon Ball) a pleno pulmón e pedía as películas do Vingador Tóxico no videoclube.

A través do cine de xénero, de fantasía, de ciencia ficción, terror, fantasía, gore e serie B, preténdese mostrar o lado máis rebelde, desacomplexado e divertido da novena arte e celebralo con tres días de festa nos que hai cabida para vampiros, robots, lobishomes, extraterrestres, todo tipo de bechos extravagantes e, por suposto, dinosetos.

]]>
O agro está mutando! https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/o-agro-esta-mutando/ Sun, 08 Sep 2019 20:40:07 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=595
]]>