GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL #2
24, 25 e 26 de outubro do 2019 en Vigo, na sala que cada ano montamos para vós, a Sala Videodrome.

CINEMA FFFREAK
Que vas ver no GFFF #2? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:
- Terror e arrepío para que non durmas máis.
- Frikismo do de verdade.
- Humor ata que escache o diafragma.
- Pezas que che van deixar o cu torcido.
- A mellor animación.
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Ao longo de tres días amosará unha insólita selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución.
MÁIS QUE CINEMA
O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!
Así foi o ano pasado e este ano ides flipar máis aínda!

Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!