GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival de cine friki de Vigo | Serie B, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo https://galicianfreakyfestival.com Do 24 ao 26 de outubro do 2019 en Vigo - Festival de cine friki, serie b, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo Fri, 25 Oct 2019 15:42:03 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.3.2 https://galicianfreakyfestival.com/wp-content/uploads/2017/12/cropped-perfil-GFFF-FB-32x32.jpg GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival de cine friki de Vigo | Serie B, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, frikismo https://galicianfreakyfestival.com 32 32 Segunda xornada do Galician Freaky Film Festival https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/segunda-xornada-do-galician-freaky-film-festival/ Fri, 25 Oct 2019 15:42:02 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=796 Tras unha primeira xornada chea de frikis entusiasmados, o segundo día do GFFF propón más de seis horas de festa pulp.

Ás 20:00, Alberto Hortas comentará a súa exposición e ás 22:00 fará unha demostración en directo da súa arte.

Despois dunha xornada inaugural do Galician Freaky Film Festival marcada pola gran asistencia de público, as grandes doses de cinema underground e o gran espectáculo que ofreceu Caspervek Ensamble musicalizando Nosferatu, unha sinfonía do horror, chega unha segunda xornada ben chea de contido freak para todos e todas.

A festa arrinca ás 17:30 no Espacio Mahou en Progreso 41 no encontro profesional “unha Mahou con CREA”, a Asociación de Realizadores e Directores de Galicia, onde Pablo Fontenla conducirá unha palestra chamada: Sobrevivindo sendo un Galician Freak: realidade ou ficción.

Tras isto, ás 19:00, chegará o momento de arrincar coas proxeccións no primeiro bloque de curtas: Serán de humor Freak Vol.1 no que se poderá gozar de catro pezas escacharrantes nas que destacan Le défi du rade… do francés François Zaïdi ou Maldición Fatal do galego Alberto Guisande.

Despois de matarse a rir, ás 20:00 virá a presentación da súa exposición por parte de Alberto Hortas. Para acto seguido dar paso ó segundo bloque de curtas da tarde: Que carallo é isto? Unha selección de pelis a medio camiño entre o absurdo e o inexplicable nas que destacan La persistente da francesa Camille Lugan ou Helsinki 79 de Pablo Fontenla.

Nada máis rematar o segundo bloque terá lugar un dos momentos máis esperados polos fans do GFFF. De novo será o momento de Hortas para facer unha demostración en directo mostrando como crea as criaturas máis terroríficas, as cicatrices máis realistas e as caracterizacións máis abraiantes.

O fin de festa na segunda xornada da #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, coma non podía ser doutro xeito, será co bloque: Noite de arrepío. Unha hora repleta de curtas dun dos xéneros máis queridos polos fans do festival: o terror. Filmes coma a francesa Midnight Talk de Raffael Oliveri, El ático do realizador dos Países Baixos Nico Van Der Brink ou a española A little tastede Victor Catalá poñerán punto final a unha tarde chea de puro fulgor friki.

PERO ISO NON É TODO

Ademais das tres horas de pelis underground, de serie b e do terror máis apaixonante que mesmo te fai rir ou chorar en cuestión de segundos, todos os que se acerquen ata a Sala Videodrome (Velázquez Moreno 44, no Mercado do Progreso) poderán desfrutar da exposición e da arte en directo de Josef Méndez, mestre sen igual do Art Horror vigués e coñecerán de primeira man a decoración alieníxena que rende homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro, aquela obra mestra na que Sigourney Weaver e mailo seu gato eran capaces de derrotar un becho furioso de mala baba.

A entrada para ter acceso a todo o programa do Venres 25 custa 5 euros, pero cabe a posibilidade de obter diferentes packs para varios días ou con regalos.

]]>
Homenaxe a Alien e un espírito máis friki ca nunca https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/homenaxe-a-alien-e-un-espirito-mais-friki-ca-nunca/ Wed, 23 Oct 2019 16:30:13 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=788 Este xoves arrinca a #2 Edition do festival de cine máis gamberro do panorama galego que contará en total con más de trinta curtametraxes, dúas actuacións en directo, exposicións e festa rachada.

Os grandes atractivos deste ano son a musicalización en directo de Nosferatu, unha sinfonía do horror por parte de Caspervek Ensamble (entradas xa á venda), as exposicións de Josef Méndez e Alberto Hortas e a homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro catro décadas despois da súa estrea.

23.10.2019 Este xoves 24 arrinca a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival ás 19:30 na Sala Videodrome, en Velázquez Moreno 44, nun dos laterais do mercado do Progreso. E como cada ano representa a cita ideal para todos os amantes do cine máis freak e que non soe ter cabida nos circuítos de festivais e nas salas máis convencionais.

Deste xeito, o GFFF, convértese un ano máis, nunha data imprescindible para os espectadores que desfrutan dos xéneros máis pulp e que se senten identificados con todo o que implicou a Xeración Xabarín.

O MÁIS ATRACTIVO DO PRIMEIRO DÍA

O punto de partida para esta edición do Galician Freaky Film Festival correrá a cargo de Caspervek Ensamble (entradas) que musicalizará en directo un dos clásicos imprescindibles do cinema de terror en xeral e do expresionismo alemán e as pelis de chupasangues en particular: Nosferatu, unha sinfonía do horror, a peza mestra do director F.W. Murnau e que está envolta en tanto misterio que a día de hoxe ninguén sabe onde se atopa o cranio do cineasta.

“Está composta tendo sempre en conta o aspecto performativo” –comenta, Brais González de Capservek Ensamble– “os dous percusionistas e as dúas violinistas estarán enfrontados xerando unha especie de Caspervek bífido”. A inspiración para a peza ven directamente da música do expresionismo alemán e con matices do dodecafonismo e tamén das melodías e instrumentación do cine de terror.

Trala musicalización comezará a proxección cos dous primeiros bloques de curtas.

O primeriro é Co cu torcido quedo, unha selección de seis curtas nas que se inclúen Lay Them Straight do canadiense Robert DeLeskie ou Lo siento mi amor do coñecido e recoñecido Eduardo Casanova no que é o seu primeiro traballo despois da longametraxe Pieles.

Tras isto chegará o momento do último bloque da primeira xornada: Animación freak, unha selección de curtas animadas con pezas de moitísima calidade e con moita representación internacional con pelis de México,Israel, España, Francia ou Bélxica nas que destacan La nuit des sacs plastiques de Gabriel Harel ou Cómo y por qué se ha esfumado Don José do israelita Moshe Ben Avraham.

NOSTROMO, HORROR ART E BECHOS RAROS

Outro dos grandes atractivos do primeiro día do festival é descubrir a ambientación alieníxena que ten preparada o equipo do Galician Freaky Film Festival coma homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro. A Videodrome estará chea de ovos de xenomorfo e de varias sorpresas para todos os fans da saga iniciada por Ridley Scott no 1979.

Ademais, todos os visitantes poderán desfrutar das dúas grandes exposicións deste ano no GFFF.

A primeira será a de Alberto Hortas, o máis grande representante galego no mundo da caracterización e os efectos especiais en cine e televisión e que ten traballado en pelis coma O espinazo do diaño, O laberinto do fauno ou en programas clásicos do frikismo universal coma Muchachada Nui.

A segunda, que ademais repite da edición anterior, será a expo de Josef Méndez o máximo expoñente vigués do Art Horror e que terá en exposición e venta cantidade do seu material tan característico no que representa os grandes clásicos do cine de xénero de terror dos 80 e 90.

En definitiva, a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, representa a mellor oportunidade para gozar en modo friki, vendo unha selección potente e moi actual difícil de atopar noutros certames, tomando algo ou achegándose á pintura e ás esculturas máis terroríficas.

ENTRADAS

O custo da entrada para esta primeira xornada que inclúe a musicalización en directo, os dous bloques de curtas é o acceso ás dúas exposicións e de 7 euros e pódese adquirir no despacho de billetes, aínda que tamén existen diferentes packs que inclúen regalos ou bonos para as tres xornadas do festival.

]]>
Abonos e entradas á venda https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/abonos-e-entradas-a-venda/ Thu, 17 Oct 2019 07:00:37 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=746 Ábrese oficialmente a billeteira online do GFFF.

Con ela saen á venda os Abonos VIF (Very Important Freaks), con agasallos para os primeiros freaks que os merquen. Acceso a TODO a un prezo especial! e axudar a que este festival poida seguir existindo.

Pode adquirirse tamén o exclusivo Poster do GFFF Edición Especial Alien, de unidades limitadas.

Así mesmo está dispoñible o Pack VIF, a un prezo reducido, que leva: unha chapa, a bolsa oficial e o poster oficial.

Queres festa? Pois tamén saen as Entradas anticipadas para a entrega de premios que seguirá co concertazo de Los Pontiaks e a festa (rachada) de clausura.

Grazas por apoiarnos!

]]>
Presentación da #2 edition do GFFF https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/presentacion-da-2-edition-do-gfff/ Wed, 16 Oct 2019 14:41:08 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=731 O xoves 17 ás 12.30 h, na sala Videodrome, terá lugar a presentación oficial da nova edición do Galician Freaky Film Festival.

A organización dará a coñecer diversas novidades do Galician Freaky Film Festival que se celebrará do 24ao 26 de outubro na sala Videodrome.

Abella Producións, organizadora do Galician Freaky Film Festival, dará a coñecer este xoves 17 de outubro ás 12.30na sala Videodrome, ubicada no Mercado do Progreso (Rúa Velázquez Moreno, 44). Na presentación daranse a coñecer todas as novidades que traerá consigo a nova edición do festival máis friki e gamberro de Galicia.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

Trala edición 0 de 2017 e a primeira edición de 2018, o GFFF volve á cidade olívica do 24 ao 26 de outubro coa súa proposta de festival gamberro que honra ao friksimo cinematográfico en todos os seus formatos.

Ademais, nesta nova edición batéronse as cifras de películas recibidas os anos anteriores con preto de 200 cintas, chegando obras de lugares coma Chile, Ucraína, EUA, Senegal, México, Arxentina, Alemaña ou Brasil.

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Dragon Balla pleno pulmón e pedía as películas do Vengador Tóxico no videoclube.

A través do cine de xénero, de fantasía, de ciencia ficción, terror, fantasía, gore e serie B, preténdese mostrar o lado máis rebelde, desacomplexado e divertido da sétima arte e celebralo con tres días de festa nos que hai cabida para vampiros, robots, lobishomes, extraterrestres, todo tipo de bechos extravagantes e, por suposto, dinosetos.

]]>
Novidades do GFFF #2 Edition https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/novidades-do-gfff-2-edition/ Fri, 27 Sep 2019 10:00:59 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=606 Este ano cómprense 4 décadas da estrea mundial de Alien, o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto de Ridley Scott e protagonizada por Sigourney Weaver. Por iso o GFFF quere rendir homenaxe a tan destacada efeméride de tódolos xeitos posibles.

— A ambientación estará inspirada nos deseños incribles que fixera H. R. Giger para a película, pero teremos tamén expos, concertos, recordos para xente que xa pasou a mellor vida e varias sorpresas”.

Juan de Castro, director do Festival

Para crear unha atmosferaque recorde á mítica nave Nostromo, o GFFF conta coas habilidades de Ricardo Spencer, un dos maiores expertos en escenografía e efectos especiais do panorama audiovisual galego.

]]>
Antena 3 Galicia faise eco da presentación do cartel oficial do GFFF #2 https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/antena-3-galicia-na-presentacion-do-cartel-oficial-do-gfff-2/ Thu, 26 Sep 2019 12:42:05 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=597
]]>
Alien machaca ao Dinoseto no cartel da segunda edición do Galician Freaky Film Festival https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/alien-machaca-ao-dinoseto-no-cartel-da-segunda-edicion-do-galician-freaky-film-festival/ Thu, 26 Sep 2019 10:45:02 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=602 A cita terá lugar o 24, 25 e 26 de outubro coa Sala Videodrome como centro de operacións.

A selección de filmes terá ata 40 títulos chegados dende varias partes do mundo e centraransena ciencia ficción, o underground, o terror e a serie B.

Coma ven sendo habitual, os organizadores do Galician Freaky Film Festival presentaron esta mañá o cartel do evento ós pes do Dinoseto para obter a súa bendición. A segunda edición (tras unha edición 0 e máis a #1 Edition) busca manter os pilares sobre os que se cimenta o festival: gamberrismo, diversión e frikismo túzaro. A alma da Xeración Xabarín convertida en festa e culto cinematográfico ó gore, ó terror, á ciencia ficción, á fantasía e á serie B.

Unha mesturafeita a medida para un público que cada ano vai medrando e que sintoniza co espírito da cidade.

— Co macarra que é Vigo, co festeiro que é, comprobamos que o primeiro ano achegáronse 400 persoas e no último 1000, así que queremos seguir divertindo, berrando e ensinando todo ese cine máis undergroundque non ten cabida noutros certames.

Juan de Castro, director do Festival

Nesta ocasión, foron máis de 200 as cintas que se presentaron para formar parte da selección final do GFFF. Títulos chegados dende lugares moi dispares e que demostran a grande interese que segue a existir polo cine de xénero máis puro e sen filtro. Ademais, a organización destaca o recentes que son a maioría das películas recibidas, xa que case a metade de todas elas foron realizadas entre 2018 e 2019.

NOVIDADES DA #2 EDITION

Este ano cómprense 4 décadas da estrea mundial de Alien, o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto de Ridley Scott e protagonizada por Sigourney Weaver. Por isoo GFFF quere rendir homenaxe a tan destacada efeméride de tódolos xeitos posibles. “A ambientación estará inspirada nos deseños incribles que fixera H. R. Giger para a película” –sinalou De Castro –“pero teremos tamén expos, concertos, recordos para xente que xa pasou a mellor vida e varias sorpresas”.

Para crear unha atmosferaque recorde á mítica nave Nostromo, o GFFF conta coas habilidades de Ricardo Spencer, un dos maiores expertos en escenografía e efectos especiais do panorama audiovisual galego.

O CARTEL

O xenomorfo, ese ser terrible, con instinto asasino e un pouco baboso da peli, non podía faltar no cartel desta segunda edición do Galician Freaky Film Festival, obra de Paulo Mosca e María Llauger.

Coma se fose o instante final dunha película de Kaijus, –o subxénero xaponés centrado en monstros xigantes coma Godzilla, Gamera ou mesmo King Kong–, o Dinoseto é atravesado de xeito fatal pola punzante cola do alien nunha loita a morte na Porta do Sol de Vigo.

Así, Mosca, continúa a serie de carteisdas anteriores edicións nos que sempre faise referencia ós xéneros máis pulpe undergorund en consonancia perfecta co espírito do Festival.

En definitiva, a segunda edición do Galician Freaky Film Festival chega cargada coma sempre de diversión, de ganas de montar barullo e pasalo ben desfrutando da parte máis gamberra da sétima arte.

]]>
O Aniversario de Alien https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/o-aniversario-de-alien/ Wed, 25 Sep 2019 18:37:46 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=560 No espazo ninguén pode escoitar os teus berros

Deste xeito se promocionaba en 1979 Alien, o oitavo pasaxeiro, a mítica película de Ridley Scott protagonizada por Sigourney Weaver e un Xenomorfo terrible de mala baba.

Aproveitando a efeméride das catro décadas da súa estrea, o GFFF quere facerlle unhahomenaxe moi especial no que haberá actividades relacionadas co filme,moita presenza no cartel do certame deseñado por Paulo Mosca e algunha que outra sorpresa que fará as delicias dos fanáticos alieníxenas.

Trala pasada edición, na que a Sala Videodrome ateigouse de público para gozar do éxtase freak, o GFFF busca consolidarse coma unha cita cultural divertida e diferente en Galicia.

]]>
TeleVigo faise eco do GFFF #2 https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/televigo-faise-eco-do-gfff-2/ Wed, 18 Sep 2019 17:37:49 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=593
]]>
O Galician Freaky Film Festival bate record de filmes https://galicianfreakyfestival.com/2019/09/o-galician-freaky-film-festival-bate-record-de-filmes/ Tue, 17 Sep 2019 18:21:38 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=553 O Galician Freaky Film Festival bate as súas marcas e recibe preto de 200 propostas coas que encherá Vigo de terror, ciencia ficción e serie B.

Por terceiro ano consecutivo o GFFF achega do 24 ao 26 de outubro á cidade a súa festa pulp con cabida para monstros, bechos, gore e toneladas de diversión freak.

Nesta edición o GFFF fará unha homenaxe ao filme Alien, o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott que cumpre 40 anos da súa estrea.

Trala edición #0 de 2017 e a primeira edición de 2018, o GFFF volve á cidade olívica do 24 ao 26 de outubro coa súa proposta de festival gamberro que honra aofriksimo cinematográfico en todos os seus formatos.

Ademais, desta vagada, a organización móstrase entusiasmada porque batéronse as cifras de películas recibidas os anos anteriores con preto de 200 cintas. A procedencia das obras, chegadas dende lugares tan diversos coma Chile, Ucraína, EE.UU, Senegal, México, Arxentina, Alemañaou Brasil, demostra que os xéneros clásicos máis pulp: a fantasía, a ciencia ficción, o terror, o gore e toda a serie B en xeral, seguen a ser un éxito por todo o mundo.

A organización do GFFF destaca non só o gran número de filmes achegados durante o período de selección, senón tamén o recentes que son a gran maioría deles, xa que máis dun 30 por cento son do 2019 e outro 20 por cento do 2018.

As datas escollidas para a nova edición do GFFF son os vindeiros 24, 25 e 26 de outubro e a Sala Videodrome repetirá coma sede e centro de operacións.

]]>