O Galician Freaky Film Festival bate record de filmes

O Galician Freaky Film Festival bate as súas marcas e recibe preto de 200 propostas coas que encherá Vigo de terror, ciencia ficción e serie B.

Por terceiro ano consecutivo o GFFF achega do 24 ao 26 de outubro á cidade a súa festa pulp con cabida para monstros, bechos, gore e toneladas de diversión freak.

Nesta edición o GFFF fará unha homenaxe ao filme Alien, o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott que cumpre 40 anos da súa estrea.

Trala edición #0 de 2017 e a primeira edición de 2018, o GFFF volve á cidade olívica do 24 ao 26 de outubro coa súa proposta de festival gamberro que honra aofriksimo cinematográfico en todos os seus formatos.

Ademais, desta vagada, a organización móstrase entusiasmada porque batéronse as cifras de películas recibidas os anos anteriores con preto de 200 cintas. A procedencia das obras, chegadas dende lugares tan diversos coma Chile, Ucraína, EE.UU, Senegal, México, Arxentina, Alemañaou Brasil, demostra que os xéneros clásicos máis pulp: a fantasía, a ciencia ficción, o terror, o gore e toda a serie B en xeral, seguen a ser un éxito por todo o mundo.

A organización do GFFF destaca non só o gran número de filmes achegados durante o período de selección, senón tamén o recentes que son a gran maioría deles, xa que máis dun 30 por cento son do 2019 e outro 20 por cento do 2018.

As datas escollidas para a nova edición do GFFF son os vindeiros 24, 25 e 26 de outubro e a Sala Videodrome repetirá coma sede e centro de operacións.