Alien machaca ao Dinoseto no cartel da segunda edición do Galician Freaky Film Festival

A cita terá lugar o 24, 25 e 26 de outubro coa Sala Videodrome como centro de operacións.

A selección de filmes terá ata 40 títulos chegados dende varias partes do mundo e centraransena ciencia ficción, o underground, o terror e a serie B.

Coma ven sendo habitual, os organizadores do Galician Freaky Film Festival presentaron esta mañá o cartel do evento ós pes do Dinoseto para obter a súa bendición. A segunda edición (tras unha edición 0 e máis a #1 Edition) busca manter os pilares sobre os que se cimenta o festival: gamberrismo, diversión e frikismo túzaro. A alma da Xeración Xabarín convertida en festa e culto cinematográfico ó gore, ó terror, á ciencia ficción, á fantasía e á serie B.

Unha mesturafeita a medida para un público que cada ano vai medrando e que sintoniza co espírito da cidade.

— Co macarra que é Vigo, co festeiro que é, comprobamos que o primeiro ano achegáronse 400 persoas e no último 1000, así que queremos seguir divertindo, berrando e ensinando todo ese cine máis undergroundque non ten cabida noutros certames.

Juan de Castro, director do Festival

Nesta ocasión, foron máis de 200 as cintas que se presentaron para formar parte da selección final do GFFF. Títulos chegados dende lugares moi dispares e que demostran a grande interese que segue a existir polo cine de xénero máis puro e sen filtro. Ademais, a organización destaca o recentes que son a maioría das películas recibidas, xa que case a metade de todas elas foron realizadas entre 2018 e 2019.

NOVIDADES DA #2 EDITION

Este ano cómprense 4 décadas da estrea mundial de Alien, o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto de Ridley Scott e protagonizada por Sigourney Weaver. Por isoo GFFF quere rendir homenaxe a tan destacada efeméride de tódolos xeitos posibles. “A ambientación estará inspirada nos deseños incribles que fixera H. R. Giger para a película” –sinalou De Castro –“pero teremos tamén expos, concertos, recordos para xente que xa pasou a mellor vida e varias sorpresas”.

Para crear unha atmosferaque recorde á mítica nave Nostromo, o GFFF conta coas habilidades de Ricardo Spencer, un dos maiores expertos en escenografía e efectos especiais do panorama audiovisual galego.

O CARTEL

O xenomorfo, ese ser terrible, con instinto asasino e un pouco baboso da peli, non podía faltar no cartel desta segunda edición do Galician Freaky Film Festival, obra de Paulo Mosca e María Llauger.

Coma se fose o instante final dunha película de Kaijus, –o subxénero xaponés centrado en monstros xigantes coma Godzilla, Gamera ou mesmo King Kong–, o Dinoseto é atravesado de xeito fatal pola punzante cola do alien nunha loita a morte na Porta do Sol de Vigo.

Así, Mosca, continúa a serie de carteisdas anteriores edicións nos que sempre faise referencia ós xéneros máis pulpe undergorund en consonancia perfecta co espírito do Festival.

En definitiva, a segunda edición do Galician Freaky Film Festival chega cargada coma sempre de diversión, de ganas de montar barullo e pasalo ben desfrutando da parte máis gamberra da sétima arte.