Presentación da #2 edition do GFFF

O xoves 17 ás 12.30 h, na sala Videodrome, terá lugar a presentación oficial da nova edición do Galician Freaky Film Festival.

A organización dará a coñecer diversas novidades do Galician Freaky Film Festival que se celebrará do 24ao 26 de outubro na sala Videodrome.

Abella Producións, organizadora do Galician Freaky Film Festival, dará a coñecer este xoves 17 de outubro ás 12.30na sala Videodrome, ubicada no Mercado do Progreso (Rúa Velázquez Moreno, 44). Na presentación daranse a coñecer todas as novidades que traerá consigo a nova edición do festival máis friki e gamberro de Galicia.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

Trala edición 0 de 2017 e a primeira edición de 2018, o GFFF volve á cidade olívica do 24 ao 26 de outubro coa súa proposta de festival gamberro que honra ao friksimo cinematográfico en todos os seus formatos.

Ademais, nesta nova edición batéronse as cifras de películas recibidas os anos anteriores con preto de 200 cintas, chegando obras de lugares coma Chile, Ucraína, EUA, Senegal, México, Arxentina, Alemaña ou Brasil.

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Dragon Balla pleno pulmón e pedía as películas do Vengador Tóxico no videoclube.

A través do cine de xénero, de fantasía, de ciencia ficción, terror, fantasía, gore e serie B, preténdese mostrar o lado máis rebelde, desacomplexado e divertido da sétima arte e celebralo con tres días de festa nos que hai cabida para vampiros, robots, lobishomes, extraterrestres, todo tipo de bechos extravagantes e, por suposto, dinosetos.