XOVES, 24 DE OUTUBRO – CO CU TORCIDO

Desaliento
Pinky Alonso – 2018 – España – 8′
Isto vai dunha parella: foden, falan, discuten e despois… pasan cousas.

Lay Them Straight
Robert DeLeskie – 2018 – Canadá – 10′
Isto vai dunha rapariga que se lle dá por contar todo: as pingas da choiva, as pecas da cara, os Lacasitos… e un día deixa de contar e pasan cousas.

Limbo
Daniel Viqueira – 2018 – Galicia – 15′
Isto vai dun home que ten desconto en balas na ferraxería do pobo. Un día levántase un pouco cruzado… e pasan cousas.

El Llibre
Francesca Català – 2019 – España – 3′
Isto vai dunha rapariga que traballa rodeada de libros. Un día, un libro con moita mala baba cae ao chan, e despois… pasan cousas.

Escalada
Nacho Solana – 2018 – España – 12′
Isto vai dunha muller que busca aparcamento no supermercado o sábado pola mañá, unha tarefa que nunca é doada. Cando atopa un, pasan cousas…

Lo siento mi amor
Eduardo Casanova – 2018 – España – 7′
Isto vai de tríos amorosos, e todos sabemos como acaban os tríos amorosos, sempre pasan cousas…


XOVES, 24 DE OUTUBRO – ANIMACIÓN

Petanque 51
Théo Guyot – 2018 – Bélxica e Francia – 6′
Isto vai dun torneo de petanca digno de Oliver e Benji no que as novas xeracións chegan dando caña e fan que pasen cousas.

Star Rock
Raul Colomer y Aitor Herrero – 2019 – España – 5′
Isto vai dun cowboy estelar un pouco canalla e quinqui que se atopa cun extraterreste xamiacano, e despois… pasan cousas.

La nuit des sacs plastiques
Gabriel Harel – 2018 – Francia – 22′
Isto vai dunha rapaza que quere ter descendencia e vai a unha rave na que todos os asistentes van sentir unha profunda concienciación ecolóxica… e pasan cousas.

Todo esto sucede mientras duermes (y no puedes ver lo que sueño)
Adrián Quintero Mármol Martínez – 2018 – México – 2′
Isto vai de cando despois de comer churrasco coma un xíbaro bótaste a durmir unha soneca, e… soñas cousas.

Stuck in the Middle
Patrick De Carvalho – 2018 – Francia – 5′
Isto vai duns malotes con moita mala baba que recollen a un jicho tan festeiro coma un inspector de facenda, e despois… pasan cousas.

Transconciencia
Yelitö 2019 – España – 11′
Isto vai dun indio jipacho que descobre que o mundo fora do monte éche moi estresante de deus, e despois… pasan cousas.

Cómo y porqué se ha esfumado Don José
Moshe Ben Avraham (Animoshe) – 2018 – Israel – 12′
Isto vai dun fodechinchos que está dandoo todo no chiringuito. Sen máis, faille mal a unha abella que pululaba por aí, e despois… pasan cousas.

Wild Love
Paul Autric, Quentin Camus, Léa Georges, Maryka Laudet, Zoé Sottiaux, Corentin Yvergniaux – 2019 – Francia – 6′
Isto vai dunha parella que vai de andaina polo monte e por non respetar á comisión de montes… pasan cousas.


VENRES, 25 DE OUTUBRO – SERÁN DE HUMOR FREAK VOL. 1

Hou Vast
Bart Schrijver – 2018 – Países Baixos – 6′
Isto vai dun ñapas certamente zoupón que lle fai as beiras a unha jicha que lle falta unha pataca para o quilo, e despois… pasan cousas.

Le défi du rade… (A Wreck in Paradise…)
François Zaïdi – 2019 – Francia -15′
Ista vai de cando vas ao bar da comisión de festas, cargado e quente coma un puma, e a camareira dáche carrete e despois… pasan cousas.

Maldición Fatal
Alberto Guisande – 2019 – Galicia – 18′
Isto vai dun michiño de felpa, Will, que ten ao seu can, Ricky, posuído por un ente maligno. Só a súa afouteza e o poder de Bruce Campbell axudarano a superar todas as cousas que pasan.

O.I.
N’Cee Van Heerden – 2018 – EUA – 18′
Isto vai dun infeliz que pensou tanto e tan ben que vai quedando sen colegas, e despois… pasan cousas.


VENRES, 25 DE OUTUBRO – QUE CARALLO É ISTO?!

La Persistente
Camille Lugan – 2018 – Francia – 21′
Isto vai dun home namorado, e cando estás namorado e róubanche á moza dos teus soños non sempre o tomas ben e, por suposto, pasan cousas…

Ça Mouille!
Alexis Godard , Nan Huang – 2018 – Francia – 7′
Isto vai dunha moza que ten dous praceres na vida: tocar a paxara e engulir cenorias. Cando o ciclo da vida e do vicio rómpense, busca solucións e… pasan cousas.

Hotel Royal Co
Rakesh B. Narwani y Paula Villegas – 2018 – España – 10′
Isto vai dunhas mozas que se queren ben pero lles senta moi mal o jet lag. Coma sempre, complícanse a vida e… pasan cousas.

Helsinki 79
Pablo Fontenla – 2019 – Galicia – 20′
Isto vai de Eufemiano e Lalo, dous crooners máis elegantes ca Pucho Boedo, que o petaron en Helsinki e Benidorm. Cando un home quere rescatalos do esquecemento pasan cousas…


VENRES, 25 DE OUTUBRO – NOITE DE ARREPÍO

Midnight Talk
Raffael Oliveri – 2018 – Francia – 11′
Isto vai dunha muller que anda moi emparanoiada e a súa tía cómelle a cabeza con cousas de meigas… e pasan cousas.

La Proeza
Isaac Berrokal – 2018 – España – 14′
Isto vai dunha moza que non quere ter fillos e vai a xunto dunhas vellas moi turbias que fan que non pasen unhas cousas e que pasen outras.

Casa
Alberto Evangelio Ramos – 2019 – España – 8′
Isto vai dunha muller que traballa nunha inmobiliaria e ensinando un piso listo para entrar a vivir… pasan cousas.

A Little Taste
Victor Catalá – 2019 – España – 5′
Isto vai de dúas raparigas que se atopan nun parque e comezan a falar de existencialismo fantástico. Cando as opinións non son as mesmas… pasan cousas.

El Ático (The Burden)
Nico van den Brink – 2019 – Países Baixos – 16′
Isto vai de cando levas á moza a coñecer á familia e collen confianza… e pasan cousas.

Miedos
Germán Sancho – 2018 – España – 8′
Isto vai dunha cativa que cando lle apagan a luz do seu cuarto ve cousas. Acende a luz e non as ve. Apaga a luz e as ve. Cando o pai vai a acougala pasan cousas…

El Cuento
Lucas Paulino & Ángel Torres – 2019 – España – 9′
Isto vai dunha nai e uns nenos aos que lles gusta que lles lean contos pero a veciña ten certa obsesión e decide que pasen cousas.


SÁBADO, 26 DE OUTUBRO – SERÁN DE HUMOR FREAK VOL. 2

Justicia Justiciera III Kungfu Karate Annihilator
Rafa Dengrá – 2016 – España – 17′
Isto non é Kung Fury, nin Terminator, nin Mad Max, pero podería selo todo a un mesmo tempo.

Boustifaille
Pierre Mazingarbe – 2019 – Francia – 18′
Isto vai do apego familiar e de como levar ó teu mozo de churrascada coa familia pode que non sexa do seu gusto… e que pasen cousas.

Wild
Jan Verdijk – 2019 – Países Baixos – 11′
Isto vai dunha familia nunha casa rural na que non todos están moi a gusto e para que o asunto colla sabor teñen que pasar cousas.

Antxoni
Rubén Sainz – 2018 – España – 14′
Isto vai dunha señora de proveito, das que cren que cando matas un porco hai que aproveitalo todo del. Cando o cocho non che cabe na artesa tes que tirar de enxeñería, e pasan cousas…

Y ahí, él abre los ojos (And so he open his eyes)
Sergey Vasiliev – 2019 – Rusia – 12′
Isto vai dun home que tras a súa morte esperta como burócrata existencialista, e cando es parte do sistema burocrático, sobre todo do limbo, sabes que sempre pasan cousas…


SÁBADO, 26 DE OUTUBRO – FRIKISMO DO PAÍS

Terror na Batea
Diego López Curros – 2019 – España – 16′
Isto vai de dúas parellas de namorados que deciden pasar o domingo facendo unha churrascada nunha batea. Cando un ser modificado xenéticamente contempla a estampa decide vingarse dos malos costumes dos domingueiros, e pasan cousas…

Los Amigos, La Pinícula
Omar Rabuñal Varela – 2018 – Galicia – 65′
Isto vai duns amigos, moi amigos, moi, moi amigos, que deciden facer “A PINÍCULA” definitiva sobre a amizade. Durante a rodaxe, pasan cousas…