Abonos e entradas á venda

Ábrese oficialmente a billeteira online do GFFF.

Con ela saen á venda os Abonos VIF (Very Important Freaks), con agasallos para os primeiros freaks que os merquen. Acceso a TODO a un prezo especial! e axudar a que este festival poida seguir existindo.

Pode adquirirse tamén o exclusivo Poster do GFFF Edición Especial Alien, de unidades limitadas.

Así mesmo está dispoñible o Pack VIF, a un prezo reducido, que leva: unha chapa, a bolsa oficial e o poster oficial.

Queres festa? Pois tamén saen as Entradas anticipadas para a entrega de premios que seguirá co concertazo de Los Pontiaks e a festa (rachada) de clausura.

Grazas por apoiarnos!