Homenaxe a Alien e un espírito máis friki ca nunca

Este xoves arrinca a #2 Edition do festival de cine máis gamberro do panorama galego que contará en total con más de trinta curtametraxes, dúas actuacións en directo, exposicións e festa rachada.

Os grandes atractivos deste ano son a musicalización en directo de Nosferatu, unha sinfonía do horror por parte de Caspervek Ensamble (entradas xa á venda), as exposicións de Josef Méndez e Alberto Hortas e a homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro catro décadas despois da súa estrea.

23.10.2019 Este xoves 24 arrinca a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival ás 19:30 na Sala Videodrome, en Velázquez Moreno 44, nun dos laterais do mercado do Progreso. E como cada ano representa a cita ideal para todos os amantes do cine máis freak e que non soe ter cabida nos circuítos de festivais e nas salas máis convencionais.

Deste xeito, o GFFF, convértese un ano máis, nunha data imprescindible para os espectadores que desfrutan dos xéneros máis pulp e que se senten identificados con todo o que implicou a Xeración Xabarín.

O MÁIS ATRACTIVO DO PRIMEIRO DÍA

O punto de partida para esta edición do Galician Freaky Film Festival correrá a cargo de Caspervek Ensamble (entradas) que musicalizará en directo un dos clásicos imprescindibles do cinema de terror en xeral e do expresionismo alemán e as pelis de chupasangues en particular: Nosferatu, unha sinfonía do horror, a peza mestra do director F.W. Murnau e que está envolta en tanto misterio que a día de hoxe ninguén sabe onde se atopa o cranio do cineasta.

“Está composta tendo sempre en conta o aspecto performativo” –comenta, Brais González de Capservek Ensamble– “os dous percusionistas e as dúas violinistas estarán enfrontados xerando unha especie de Caspervek bífido”. A inspiración para a peza ven directamente da música do expresionismo alemán e con matices do dodecafonismo e tamén das melodías e instrumentación do cine de terror.

Trala musicalización comezará a proxección cos dous primeiros bloques de curtas.

O primeriro é Co cu torcido quedo, unha selección de seis curtas nas que se inclúen Lay Them Straight do canadiense Robert DeLeskie ou Lo siento mi amor do coñecido e recoñecido Eduardo Casanova no que é o seu primeiro traballo despois da longametraxe Pieles.

Tras isto chegará o momento do último bloque da primeira xornada: Animación freak, unha selección de curtas animadas con pezas de moitísima calidade e con moita representación internacional con pelis de México,Israel, España, Francia ou Bélxica nas que destacan La nuit des sacs plastiques de Gabriel Harel ou Cómo y por qué se ha esfumado Don José do israelita Moshe Ben Avraham.

NOSTROMO, HORROR ART E BECHOS RAROS

Outro dos grandes atractivos do primeiro día do festival é descubrir a ambientación alieníxena que ten preparada o equipo do Galician Freaky Film Festival coma homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro. A Videodrome estará chea de ovos de xenomorfo e de varias sorpresas para todos os fans da saga iniciada por Ridley Scott no 1979.

Ademais, todos os visitantes poderán desfrutar das dúas grandes exposicións deste ano no GFFF.

A primeira será a de Alberto Hortas, o máis grande representante galego no mundo da caracterización e os efectos especiais en cine e televisión e que ten traballado en pelis coma O espinazo do diaño, O laberinto do fauno ou en programas clásicos do frikismo universal coma Muchachada Nui.

A segunda, que ademais repite da edición anterior, será a expo de Josef Méndez o máximo expoñente vigués do Art Horror e que terá en exposición e venta cantidade do seu material tan característico no que representa os grandes clásicos do cine de xénero de terror dos 80 e 90.

En definitiva, a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, representa a mellor oportunidade para gozar en modo friki, vendo unha selección potente e moi actual difícil de atopar noutros certames, tomando algo ou achegándose á pintura e ás esculturas máis terroríficas.

ENTRADAS

O custo da entrada para esta primeira xornada que inclúe a musicalización en directo, os dous bloques de curtas é o acceso ás dúas exposicións e de 7 euros e pódese adquirir no despacho de billetes, aínda que tamén existen diferentes packs que inclúen regalos ou bonos para as tres xornadas do festival.